domingo, 15 de mayo de 2011

Un xuízo moi especial

No mes de marzo celebramos un xuízo moi especial  na entrada das aulas de sexto. Despois de estudar na clase de Cidadanía  "O poder xudicial" e as persoas que nel interveñen o alumnado escribiu unha pequena obra teatral sobre o tema traballado. Todos participaron tanto no guión  coma na representación da mesma. Escoitamos a presentacion e a toma de xuramento ás testemuñas por parte do alguacil, os argumentos da avogada defensora, as implacables acusacións da fiscal do caso, as numerosas testemuñas presentadas no xuízo e a voz firme  e dura da Xuíza. O único que non dixo nin  unha soa palabra foi o acusado que non dubidou en facer falar no seu nome á notaria da vila. 
                                                                         



Entre as protestas da avogada e as testemuñas que interrogou a fiscal a súa señoría " a xuíza" viuse nun bo apuro para dictar sentencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coida a ortografía, non escribas con abreviaturas