domingo, 15 de mayo de 2011

Os vermiños da seda

Un ano máis chegou a primavera e con ela o nacemento dos nosos vermes (esta é a terceira xeneración de vermiños da seda do Castelao,  son netos dos que criamos cando estudabamos cuarto de primaria). Este curso naceron moi cedo, o mesmo día que marchou o inverno, o 21 de marzo.  Tivemos dificultades para poder alimentalos os primeiros días porque as  árbores de moreira aínda non tiñan follas, pero contamos coa colaboración de familiares e veciños de dúas compañeiras da clase que nos proporcionaron moreira e nos axudaron a crialos. Moitos xa fixeron o casullo e pronto poderemos ver as bolboretas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coida a ortografía, non escribas con abreviaturas