domingo, 15 de mayo de 2011

Rebumbio matemático

O pasado día 27 de Abril o noso cole participou na fase de zona do Rebumbio Matemático organizado por AGAPEMA (Asociación  Galega de Profesores de Matemáticas). Previamente realizamos unhas probas para formalizar a 1º parte do concurso: a fase centro. Foron nove os alumnos seleccionados, que en grupos de tres alumnos,  representaron ao noso cole nas probas realizadas en Santiago. Alí competiron   empregando o seu saber matemático, con rapaces doutras escolas da comarca. Non pasaron á fase final pero a experiencia resultou moi  positiva para todos os participantes, en especial  para os tres equipos que competiron co nome da nosa escola na Facultade de Ciencias da Educación: sentíronse e traballaron coma auténticos universitarios. Parabéns a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coida a ortografía, non escribas con abreviaturas