domingo, 15 de mayo de 2011

Electro 6º C

Despois de estudar o tema referido á enerxía eléctrica e as súas utilidades, todo o alumnado presentou a súa proposta de circuíto eléctrico onde combinaron os coñecementos aprendidos cunha boa dose de creatividade artística e plástica. Parabéns polos traballos presentados e un especial agradecemento á colaboración familiar que tiveron para realizar as maquetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Coida a ortografía, non escribas con abreviaturas