Máis fotos que envía Marta.
Benvidos ao noso blog de aula. Imos visualizar e comentar todo o que estamos traballando.
sábado, 8 de octubre de 2011
Marta envíanos fotos
Marta achegoume fotos de 3º, 4º 5º e 6º. Penso que todos os que estivestes en 3º A as tedes nun CD que vos deron a finais de curso. Déixovos unha mostra delas. Grazas Marta.
martes, 5 de julio de 2011
Excursión a Cantabria. Colección de fotos
Excursion a Cantabria
View more presentations from AdelaSeoane.
domingo, 3 de julio de 2011
Van chegando fotos
Visita ao Planetario viaxeiro en 5º
lunes, 27 de junio de 2011
Iria fíxonos unha presentación do último día de clase
Foi un día moi especial e emotivo para todos nós. Lembrareivos sempre. Bicos
domingo, 29 de mayo de 2011
Web do Castelao
Desde o terceiro trimestre deste curso temos na escola unha páxina web que está comezando a súa andadura. Podedes visitala xa que aparecen algúns dos nosos compañeiros.fai clic
jueves, 26 de mayo de 2011
Repasando Xeografía
Algúns non puidestes traballar cos mapas interactivos que vos recomendei, así que intentádeo con estes que vos deixo aquí.
fai clic
fai clic
A Cova do Soplao
Xa queda menos para a nosa viaxe de Fin de Primaria. Iremos visualizando no noso blog algunhas fotos e vídeos dos lugares que visitaremos.
Cueva Del Soplao
Cueva Del Soplao
miércoles, 25 de mayo de 2011
Usa o coco
Preséntoche un montón de exercicios de matemáticas para repasar todo o que fixemos durante o curso. Podes escoller a parte que queres repasar e non te agobies, veñen as solucións.
fai clic
fai clic
lunes, 23 de mayo de 2011
Museo Virtual
Xa que estamos estudando a Idade Moderna na clase de Coñecemento envíovos este enlace que vos levará ata unha Pinacoteca Virtual onde podedes observar algunhas das obras dos máis importantes pintores renacentistas coma Leonardo da Vinci ou Miguel Angel e tamén as obras de dous importantísimos pintores españois: Velázquez e O Greco.
As súas obras achegarannos a entender mellor a etapa que estamos estudando: fixádevos nos personaxes retratados polos pintores españois, en como van vestidos, no entorno que os rodea... algún deles xa o coñecemos bastante ben, ¿non si?
fai clic
As súas obras achegarannos a entender mellor a etapa que estamos estudando: fixádevos nos personaxes retratados polos pintores españois, en como van vestidos, no entorno que os rodea... algún deles xa o coñecemos bastante ben, ¿non si?
fai clic
Cociñeiro aburrido
Hai xente con moita creatividade e... con moito tempo para facer "obras de arte" con cousas que á maioría de nós nin se nos pasarían pola cabeza.
A presentación titúlase "cociñeiro aburrido" pero eu estou pensando que máis ben, pode ser a obra dunha mamá, cansa de pelexar cos fillos que non queren comer froitas nin verduras. Aínda que vendo estas cousas tan bonitas da mágoa meterlles o dente, ¿ou non?
´
A presentación titúlase "cociñeiro aburrido" pero eu estou pensando que máis ben, pode ser a obra dunha mamá, cansa de pelexar cos fillos que non queren comer froitas nin verduras. Aínda que vendo estas cousas tan bonitas da mágoa meterlles o dente, ¿ou non?
´
Tailler un crayon de seb
Tomás enviounos unha presentación estupenda con formas e figuras talladas cun lapis. !Canto artista hai polo mundo!
Tailler un crayon de seb
View more presentations from AdelaSeoane.
Estudo da Historia
Aquí tes un enlace para poder repasar o que estudamos o curso pasado en Historia e o que imos estudar nos vindeiros días.
Fai clic
Fai clic
jueves, 19 de mayo de 2011
Quen dixo que as mates son aburridas?
Aquí tes unha serie de exercicios, xogos e explicacións matemáticas para que repases o aprendido.
Algúns exercicios son complicados e poderás resolvelos cando estudes ESO, outros son para os nenos de infantil. Pescuda nos diferentes iconos,xoga e aprende.
fai clic
Algúns exercicios son complicados e poderás resolvelos cando estudes ESO, outros son para os nenos de infantil. Pescuda nos diferentes iconos,xoga e aprende.
fai clic
Crea o teu propio ritmo
Preséntoche un xogo rítmico onde ti podes crear o teu propio ritmo facendo clic co rato na parella de mans que queiras. Todas sonan diferentes.
! A tocar... !
fai clic
! A tocar... !
fai clic
O son dunha treboada
Tan so petando coas mans, este sensacional coro, consigue facernos crer que estamos no medio dunha treboada de verán.
Mozart na oficina
Aquí temos unha mostra máis de como se pode facer música con todo aquelo que nos rodea. Estes músicos -oficinistas atrévense a interpretar ao mismísimo Mozart!
miércoles, 18 de mayo de 2011
Acuarela
Uns sinxelos e infantís debuxos para acompañar esta fermosa canción de Toquinho.
Arte nas mans
Enviáronme esta proposta publicitaria onde o elemento artístico básico son as mans.Simplemente colocándoas dun xeito ou doutro e aplicándolles unhas pinceladas amósannos monumentos emblemáticos de diferentes países.
Xa que estamos a estudar a xeogafía europea, propóñoche un xogo: busca as imaxes referidas a Europa e identifica o elemento artístico representado.Arte Nas Mans
Xa que estamos a estudar a xeogafía europea, propóñoche un xogo: busca as imaxes referidas a Europa e identifica o elemento artístico representado.Arte Nas Mans
martes, 17 de mayo de 2011
Concerto para seis percusionistas e un apartamento.
¿Como facer música se non temos instrumentos musicais?
A resposta é moi doada, podemos facer música con calquera cousa que sone cando a golpeamos, a frotamos, a movemos, lle soplamos, a rascamos ... So no noso corpo temos un número grandísimo de instrumentos musicais que nos permiten "sonar" con diferentes intensidades, timbres e matices.Tamén podemos facer música con todo o que nos rodea, se non o cres fíxate nos instrumentos que utilizan os músicos do vídeo:
domingo, 15 de mayo de 2011
Un xuízo moi especial
No mes de marzo celebramos un xuízo moi especial na entrada das aulas de sexto. Despois de estudar na clase de Cidadanía "O poder xudicial" e as persoas que nel interveñen o alumnado escribiu unha pequena obra teatral sobre o tema traballado. Todos participaron tanto no guión coma na representación da mesma. Escoitamos a presentacion e a toma de xuramento ás testemuñas por parte do alguacil, os argumentos da avogada defensora, as implacables acusacións da fiscal do caso, as numerosas testemuñas presentadas no xuízo e a voz firme e dura da Xuíza. O único que non dixo nin unha soa palabra foi o acusado que non dubidou en facer falar no seu nome á notaria da vila.
Entre as protestas da avogada e as testemuñas que interrogou a fiscal a súa señoría " a xuíza" viuse nun bo apuro para dictar sentencia.
Rebumbio matemático
O pasado día 27 de Abril o noso cole participou na fase de zona do Rebumbio Matemático organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas). Previamente realizamos unhas probas para formalizar a 1º parte do concurso: a fase centro. Foron nove os alumnos seleccionados, que en grupos de tres alumnos, representaron ao noso cole nas probas realizadas en Santiago. Alí competiron empregando o seu saber matemático, con rapaces doutras escolas da comarca. Non pasaron á fase final pero a experiencia resultou moi positiva para todos os participantes, en especial para os tres equipos que competiron co nome da nosa escola na Facultade de Ciencias da Educación: sentíronse e traballaron coma auténticos universitarios. Parabéns a todos.
Os vermiños da seda
Un ano máis chegou a primavera e con ela o nacemento dos nosos vermes (esta é a terceira xeneración de vermiños da seda do Castelao, son netos dos que criamos cando estudabamos cuarto de primaria). Este curso naceron moi cedo, o mesmo día que marchou o inverno, o 21 de marzo. Tivemos dificultades para poder alimentalos os primeiros días porque as árbores de moreira aínda non tiñan follas, pero contamos coa colaboración de familiares e veciños de dúas compañeiras da clase que nos proporcionaron moreira e nos axudaron a crialos. Moitos xa fixeron o casullo e pronto poderemos ver as bolboretas.
Electro 6º C
Despois de estudar o tema referido á enerxía eléctrica e as súas utilidades, todo o alumnado presentou a súa proposta de circuíto eléctrico onde combinaron os coñecementos aprendidos cunha boa dose de creatividade artística e plástica. Parabéns polos traballos presentados e un especial agradecemento á colaboración familiar que tiveron para realizar as maquetas.

Visita guiada polo Museo do Prado
Música e matemáticas
Aquí vos presento uns xogos que mesturan a música coas matemáticas. Algúns poden resultar complicados pero todos eles son interesantes.
Fai clic
Fai clic
O teatro na escola
Que grandes artistas temos na clase! Ao longo deste curso, (e tamén do anterior) fixéronnos sorrir e pasalo ben coas súas historias de Magosto, Nadal e Entroido.
lunes, 28 de febrero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)