domingo, 29 de mayo de 2011

Web do Castelao

Desde o terceiro trimestre deste curso temos na escola unha páxina web que está comezando a súa andadura. Podedes visitala xa que aparecen algúns dos nosos compañeiros.fai clic

jueves, 26 de mayo de 2011

Repasando Xeografía

Algúns non puidestes traballar cos mapas interactivos que vos recomendei, así que intentádeo con estes que vos deixo aquí.


fai clic

A Cova do Soplao

Xa queda menos para a nosa viaxe de Fin de Primaria. Iremos visualizando no noso blog algunhas fotos e vídeos dos lugares que visitaremos.
Cueva Del Soplao

miércoles, 25 de mayo de 2011

Usa o coco

Preséntoche un montón de exercicios de matemáticas para repasar todo o que fixemos durante o curso. Podes escoller a parte que queres repasar e non te agobies, veñen as solucións.
fai clic

lunes, 23 de mayo de 2011

Museo Virtual

Xa que estamos estudando a Idade Moderna na clase de Coñecemento envíovos este enlace que vos levará ata unha Pinacoteca Virtual onde podedes observar algunhas das obras dos máis importantes pintores renacentistas coma Leonardo da Vinci ou Miguel Angel e tamén as obras de dous importantísimos pintores españois: Velázquez e O Greco.
As súas obras achegarannos a entender mellor a etapa que estamos estudando: fixádevos nos personaxes retratados polos pintores españois, en como van vestidos, no entorno que os rodea... algún deles xa o coñecemos bastante ben, ¿non si?
fai clic

Cociñeiro aburrido

Hai xente con moita creatividade e... con moito tempo para facer "obras de arte" con cousas que á maioría de nós nin se nos pasarían pola cabeza.
A presentación titúlase "cociñeiro aburrido" pero eu estou pensando que máis ben, pode ser a obra dunha mamá, cansa de pelexar cos fillos que non queren comer froitas nin verduras. Aínda que vendo estas cousas tan bonitas da mágoa meterlles o dente, ¿ou non?

´

Tailler un crayon de seb

Tomás enviounos unha presentación estupenda con formas e figuras talladas cun lapis. !Canto artista hai polo mundo!